O PP de Poio pide a dimisión de Xulio Barreiro despois de que o TSXG anulara a subida do IBI ás vivendas baleiras
Por Redacción
Un día despois de dar a coñecer unha sentenza do TSXG que declaraba ilegal a subida do IBI para os propietarios de segundas vivendas baleiras en Poio, o Partido Popular volve a carga para pedir a "dimisión inmediata" do concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro.
"Por intentar subir o IBI de forma ilegal, por gastar os cartos dos veciños de Poio intentando que non prosperase o recurso do PP e por mentir dicindo que non tiñan pensado aplicar a subida, cando o certo é que intentaron por todos os medios que o TSXG non a anulase", argumento a concelleira Rocío Cochón.
A popular considera ridículas as "excusas" do edil nacionalista e asegura que a ordenanza está en vigor.
Remata Cochón o seu discurso cunha pregunta ao Concello na que cuestiona por que se opuxeron ao recurso do PP contra a suvida do IBI se xa non tiñan pensado aplicala. "Porque é mentira, así de sinxelo", remata a edila da oposición.
Relacionadas:
-
Os informes técnicos constatan que nunca se chegou a aplicar a recarga do 25% no recibo do IBI a segundas vivendas baleiras en Poio
Por Redacción |
-
O BNG de Poio carga contra "a manipulación e as mentiras" de Ángel Moldes
Por Oskar Viéitez |
-
A Xustiza dá a razón ao PP sobre unha subida ilegal do IBI que o Concello de Poio nunca chegou a aplicar
Por Redacción |