A temática debe centrarse na protección de datos e no caso do traballo presentado por Sofía, titulado 'Número descoñecido' narra a historia dunha menor que contacta por teléfono, supostamente, cun mozo da súa idade... e ata aquí avanzamos porque é unha historia que relata integramente a súa autora e reproducimos no podcast 'Cara a cara'.
Esta nova estudante de catorce anos cóntanos ademais en PontevedraViva Radio como ideou o texto gañador e tamén de quen e en que ámbitos reciben información adecuada sobre as precaucións que hai que ter cando se usan as redes sociais e os riscos existentes na internet aos que deben prestar atención.
Os convocantes do concurso buscan que "a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, sobre todo os menores de idade, promovendo o coñecemento de cales son os dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos". O premio da convocatoria literaria consiste nunha tablet para ela e un kit de robótica para a súa clase.