O coche de dúas turistas estranxeiras queda atorado no centro histórico de Combarro

Por Redacción
O GPS xogoulle unha mala pasada a dúas turistas estranxeiras que chegaron este martes a Combarro. O seu coche quedou atascado en pleno centro histórico da vila.
O vehículo chegou ata as inmediacións da igrexa de San Roque, un lugar de difícil acceso debido á estreiteza da rúa.
Foi sobre as 20:40 horas da tarde, segundo informa a Policía Local de Poio.
As dúas mulleres non coñecían a zona e querían visitar Combarro.
A pesar dos sinais que prohiben o paso dos vehículos e do acceso complicado ata a zona, seguiron conducindo ata que quedaron atrapadas.
Coa axuda dun guindastre e diversas e complexas manobras, os servizos de emerxencia lograron auxilialas e retirar o coche da complicada situación na que se meteron.