Marín deseña un "verán para vivilo"
Por Redacción
En Marín están convencidos de que o seu verán é "para vivilo". Baixo o lema "Vive o verán, vive Marín", a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou o programa lúdico, cultural e festivo deseñado polo goberno local para a época estival.
"Temos todos os ingredientes perfectos para desfrutar desta época na nosa vila, cunha programación extensa e intensa na que levamos meses traballando". A actividade comeza o 23 de xuño, coa celebración do San Xoán, no que xa hai rexistradas máis de 150 cacharelas privadas, ademais do tradicional foleón de Cantodarea e a fogueira pública da Asociación de Veciños de Mogor.
A partir de entón, o número de citas ineludibles son incontables. Os eventos máis interesantes son os seguintes, pero os interesados en coñecer todos os detalles do extenso programa poden facelo premendo nesta ligazón.
- Do 1 ao 3 de xullo: Concentración moteira
- Do 9 ao 10 de xullo: Feira de Viños da IXP do Morrazo na Alameda.
- Martes, 12 de xullo: Batallla de flores nocturna (22.30 horas)
- Mércores, 13 de xullo: Espectáculo Musical París de Noia na Praza de España (22.30 horas)
- Xoves, 14 de xullo: Espectáculo Musical Panorama na Praza de España (22.30 horas).
- Venres, 15 de xullo: Gala Xacobeas en concerto na Praza de España (22.30 horas)
- Sábado, 16 de xullo: Procesión da Virxe do Carme (19 horas) e gran tirada de fogos de artificio (00 horas).
- Do 29 ao 31 de xullo: Rilla na Rúa no Paseo Alcalde Blanco
- Sábado, 20 de agosto: Festa Corsaria
- Sábado, 27 de agosto: Festa de Loira
Relacionadas:
-
Unha animada batalla de flores enche de bo ambiente a noite marinense
Por Redacción |
-
Nia Correia, sorpresa de última hora para a gala Xacobeas en Concerto
Por Alejandro Espiño |
-
Manuel Villanueva, no inicio das Festas do Carme: "A Marín nunca lle puiden negar nada"
Por Redacción |
-
Marín celebra a inauguración do renovado Paseo Antonio Blanco co seu gran miradoiro e os xogos acuáticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Marín despide a súa fin de semana máis moteira
Por Redacción |
-
Marín dá inicio ao seu verán festivo coa tradicional concentración moteira
Por Redacción |
-
París de Noia, Panorama e unha Batalla de flores nas noites de verán das Festas do Carme
Por Redacción |
-
As festas de Seixo e o Día de Galicia animarán a fin de semana en Marín
Por Redacción |