Caldas asina un convenio coa Asociación Amicos para facilitar a integración das persoas con discapacidade
Por Redacción
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o representante da Asociación Amicos, Keltoi Cameán Ouviña, asinaron este martes un convenio de colaboración para establecer camiños que favorezan a integración das persoas con discapacidade.
Con este obxectivo organizaranse conxuntamente actividades en Caldas relacionadas coa promoción do colectivo de persoas con discapacidade, facilitarase asesoramento na procura de emprego e na inserción laboral no mercado de traballo, e na adaptación aos postos de traballo.
Tamén facilitarase asesoramento sobre a normativa vixente en tema de subvencións e bonificacións en materia de contratación, e promoverase a integración das persoas con maiores dificultades de inserción, xa sexa mediante a creación de emprego directo ou a través da intermediación laboral.
O alcalde, Juan Manuel Rey, subliña que con este convenio "melloraremos a atención a este colectivo de persoas con discapacidade e avanzaremos no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030".
Relacionadas:
-
Convenio con Amicos para emprender accións que favorezan a persoas con capacidades diferentes
Por Redacción |
-
Ecobrigadas da asociación Amicos acondicionan a contorna da Igrexa de San Martiño de Padrenda
Por Redacción |
-
O director do Parque Nacional das Illas Atlánticas imparte un curso de Amicos en Pontevedra
Por Redacción |