Pontevedra recupera a súa cacharela máis multitudinaria, este ano haberá fogueira en Eduardo Pondal
Por Redacción
Como ven sendo tradicional, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal prenderá o vindeiro 23 de xuño ás 12 da noite, coincidindo co solsticio de verán, a cacharela de San Xoán, instalada na rúa Otero Pedraio, fronte ao Local de Música.
Esta asociación convida a todas as persoas que o desexen a gozar da súa fogueira de San Xoán que é "a máis importante e multitudinaria de cantas teñen lugar no casco urbano de Pontevedra".
Previamente ao prendido da fogueira, e a partir das nove da noite, repartiranse entre os socios centos de quilos de sardiñas e chourizos.
A presidenta da Asociación de Veciños Eduardo Pondal, Begoña Mallo, prega prudencia e responsabilidade a todos os participantes nesta festa tendo en conta o perigo que pode ocasionar o lume.
Relacionadas:
-
A fogueira do barrio do Gorgullón, suspendida pola previsión de mal tempo
Por Redacción |
-
Preto de 200 solicitudes en Poio para o prendido das cacharelas
Por Redacción |
-
Na noite de San Xoán arderán 327 cachadas en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Últimos días para solicitar fogueiras para San Xoán en Marín, que xa leva 40 máis que o ano pasado
Por Redacción |
-
Unhas Festas de San Xoán para queimar no lume "o demo da covid"
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing the Lérez, primeira acción da campaña municipal para concienciar aos mozos sobre a Memoria Histórica
Por Redacción |
-
Poio permite facer fogueiras de San Xoán nas súas praias
Por Oskar Viéitez |