Chega 'Marín está de Moda', unha iniciativa para promover o comercio local
Por Redacción
Impulsar o comercio local segue sendo un dos obxectivos principais da vila de Marín, que acollerá durante os días 24 e 25 de xuño 'Marín está de Moda'.
O evento será eses dous días a partir das 21.00 horas na Alameda e ten por obxectivo promocionar e dinamizar a oferta comercial do municipio, coa organización dun desfile de moda e complementos dos establecementos locais, que presentarán as mellores propostas da tempada.
A iniciativa foi presentada este venres pola concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e Mar Calvar, responsable da firma La Boda de Nerea, que, xunto con Myhmodels Vigo son as impulsoras deste proxecto, que contará coa participación de Acolá, Carmencitas, Mercería Loli, Nayma, Paíno&Maína, Triskel, Alma Libre, Jade e Bollere Moda.
Como punto e final a estas xornadas haberá actuacións en directo dos grupos musicales "Algo Pasa con Mery" e "Gran Garaje".