O Albergue de Pontevedra estrea un Banco Peregrino para descansar… e máis cousas
Por Oskar Viéitez
O Albergue de Pontevedra estrea este venres un Banco Peregrino que, ademais dun lugar no que os peregrinos poden sentar, pretende converterse nun "elemento humanizador do Camiño, sostible, dixital e interactivo", cun deseño sinxelo que ten como característica definitoria a frecha amarela que todos os camiñantes identifican coa viaxe a Compostela.
Este banco contén unha plaquiña co nome da rúa Otero Pedraio e un código QR con información de interese do concello, kilómetros restantes do Camiño, albergues e lugares de interese así como suxerencias comerciais.
Nestes momentos xa existen outros 150 bancos peregrinos en distintos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
Jonathan Matos, responsable comercial da firma Caminando Contigo, explicou que "xa hai algún proxecto para instalar os bancos fóra de Galicia, en Portugal ou con deputacións como Zamora ou Huelva". A empresa tamén está a colocar Fontes do Camiño en puntos estratéxicos.
O presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, fixo fincapé na boa saúde da Ruta Xacobea, posto que "estamos en cifras prepandemia e, de seguir así, imos incluso a sobrepasar as de 2019, o cal sería un éxito rotundo".
Segundo precisou, "agora mesmo hai moita oferta privada para os peregrinos, o que se nota nas rúas, e no Albergue, coa ampliación, dispoñemos de moitas camas, que agardamos encher en xullo e agosto".
Relacionadas:
-
O Camiño Portugués, "a rebordar" de peregrinos con cifras pre pandemia e un xullo de récord
Por Natalia Puga |
-
Alfonso Rueda, un peregrino en bicicleta máis polo Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Charles e Brais cumpren a promesa do ascenso e completan o Camiño de Santiago
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Sesenta profesionais sanitarios de Montecelo invocan ao Apóstolo tras peregrinar a Santiago
Por Redacción |
-
Un grupo de 70 "peregrinos escolares" do colexio Xunqueira 2 descobren os valores do Camiño a Santiago
Por Oskar Viéitez |