O "modelo Pontevedra" suscita interese na H22 City Expo de Helsingborg
Por Redacción
Os cambios acometidos en Pontevedra centraron a maioría das preguntas durante a intervención que este xoves tiñan a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e o edil Alberto Oubiña no congreso H22 City Expo, que se celebra na cidade de Helsingborg, en Suecia.
Este evento organizado pola agrupación Placemaking Europe tratou no relatorio na que interviñan os dous representantes do goberno local sobre a creación de lugares como un esforzo de toda a cidade analizando como os municipios poden crear lugares exitosos e fortalecer comunidades.
Nesta cita congregáronse expertos sobre mobilidade urbana de distintos puntos do planeta e analízanse casos concretos como Nova York, Helsinqui ou Budapest. Durante a parte final da súa intervención, os asistentes realizaron numerosas preguntas sobre a transformación da Boa Vila, segundo indican desde o Concello de Pontevedra.
Anabel Gulías explica que se trata dunha experiencia "gratificante" comprobar o interese que ofrece o modelo aplicado en Pontevedra. Durante a súa exposición compartiron espazo con representantes políticos das cidades de Helsingborg e da Haia. As sesións teñen carácter participativo co obxectivo de enriquecer o traballo para deseñar cidades que afronten desafíos futuros, explicou a concelleira de Promoción da Cidade.
Relacionadas:
-
O espírito 'placemaking' invadirá Pontevedra con máis de 400 expertos en deseño urbano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo que a Boa Vila acollerá en setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Un xuño internacional para Pontevedra, que explicará o seu modelo urbano en Irlanda do Norte, Suecia, Francia ou Portugal
Por Alejandro Espiño |