Fundación Amigos de Galicia envía a Ucraína os alimentos recollidos na Gala Solidaria de Curro
Por Redacción
A Gala Solidaria "Música por alimentos" celebrada o pasado 12 de xuño en Curro tiña por requisito que cada asistente aportata un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros.
Unha parte dos 996 quilos de alimentos recolleitos destináronse a persoas en situación de vulnerabilidade dos concellos de Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Meis ou Ribadumia e outra parte será para os afectados pola guerra de Ucraína.
Este xoves a Fundación Amigos de Galicia iniciou o transporte destes alimentos.
A Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA) está a canalizar todas as axudas recibidas dos membros europeos e os seus bancos de alimentos adscritos á organización para poder asistir ao banco de alimentos de Kiev e aos bancos de alimentos que están a atender aos refuxiados en Hungría, Moldavia, Polonia, Romanía e Eslovaquia.