Cancelada por mal tempo a inauguración do Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción
A desfavorable previsión meteorolóxica, con alta probabilidade de choiva, fixo que o Concello de Marín tomase a decisión de pospoñer a inauguración do renovado Paseo Alcalde Blanco prevista para este xoves 16 de xuño.
A intención do goberno local, e así o anunciaba, é que a estrea deste importante espazo público fose toda unha festa con xogos de auga e actividades de lecer para goce dos veciños a partir das 17.00 horas.
Ás 19.00 horas da tarde pretendíase levar a cabo a inauguración propiamente dita, concluíndo a xornada cun concerto.
Cabe destacar que na reforma do Paseo Alcalde Blanco investíronse máis de 1.135.500 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
O Concello de Marín sinalou que "pronto daremos unha nova data" para a esperada inauguración.
Relacionadas:
-
Marín celebra a inauguración do renovado Paseo Antonio Blanco co seu gran miradoiro e os xogos acuáticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Paseo Alcalde Blanco inaugurarase este xoves coa posta en marcha dos xogos de auga
Por Redacción |
-
Un evento cultural, gastronómico e de lecer inaugurará en xuño o Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
A crise de materias primas atrasa o remate das obras do Paseo Alcalde Blanco de Marín
Por Redacción |