VÍDEO.- Os Bombeiros apagan o lume iniciado nun coche que circulaba por Eduardo Pondal
Por Diego Espiño
Os servizos de emerxencia mobilizáronse á primeira hora deste xoves na céntrica rúa Eduardo Pondal de Pontevedra para sufocar o incendio declarado nun coche.
Segundo explica a Policía Local de Pontevedra, o suceso produciuse ao redor das 6.30 horas da mañá, cando o vehículo, que ía circulando con normalidade, perdeu potencia de maneira repentina e comezou a arder.
Os Bombeiros acudiron ao lugar para sufocar o lume, quedando o turismo practicamente calcinado.
Os danos ocasionados foron exclusivamente materiais.