A Policía Nacional erradica varios puntos negros de venda de droga en Vilagarcía
Por Redacción
A Policía Nacional de Vilagarcía realizou unha ofensiva contra a venda polo miúdo de droga na localidade e conseguiu erradicar varios puntos negros.
Desde a Comisaría Provincial da Policía Nacional atribúen estes logros ao aumento da actividad uniformada na rúa e a loita contra o pequeno tráfico de substancias estupefacientes para tratar de erradicar os puntos negros de venda de drogas coa continua trasfega de drogodependentes que acoden a esas zonas.
A última destas actuacións pechouse coa detención dun veciño de Vilagarcía de 31 anos con antecedentes policiais, ao que atribúen un delito de tráfico de drogas.
O detido foi interceptado polos axentes nun dos dispositivos realizados pola Policía Nacional de Vilagarcía e levaba encima unha bolsa con 1 quilo de marihuana.
Interceptárono cando conducía un vehículo e realizáronlle un cacheo superficial e unha requisa do coche.
Relacionadas:
-
Un sindicato policial solicita o "cesamento inmediato" do xefe da Comisaría de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Deteñen un mozo pontevedrés que distribuía drogas na cidade, entre elas cocaína rosa
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía acode ao aviso dunha muller espida no parque da Xunqueira ás catro da tarde
Por Redacción |