Plataforma única e itinerarios peonís para o ámbito do centro de saúde de Ponte Caldelas
Por Redacción
Recuperar o tramo da estrada EP-0407 máis próximo ao centro de saúde de Ponte Caldelas entregando gran parte deste espazo público aos peóns. Con ese espírito abórdase unhas obras de mellora da seguridade peonil que afectarán á Rúa Lepanto.
O proxecto suporá un investimento de case 256.000 euros, financiados integramente pola Deputación de Pontevedra de xeito directo e con fondos procedentes do Plan Concellos.
Esta actuación suporá unha profunda transformación para un tramo con clara presión urbana, cunha lonxitude de 225 metros e que presenta unha tipoloxía cambiante.
Así, a zona de actuación arranca na rúa Lepanto e continúa pola explanada do aparcamento do centro de saúde en dirección á subida cara a igrexa de Santa Baia e O Casteliño.
O tramo da rúa Lepanto deséñase con plataforma única a causa da súa escasa sección, garantindo un ancho mínimo de 2,50 metros para as persoas a ambos lados, converténdose nun espazo peonil amable con itinerarios continuos e libres de obstáculos.
Dende a intersección coa Avenida de Galicia ata o punto final da actuación habilítase un espazo peonil con lousa de granito e bordo do mesmo material para que as persoas poidan camiñar tamén con seguridade. A zona quedará dotada con pasos de peóns elevados. Finalmente, soterraranse todos os servizos de electricidade e telecomunicacións.
Os vehículos perderán presenza e só poderán circular en sentido ascendente nunha contorna marcada polo calmado do tráfico e pola limitación da velocidade a 20 Km/h.
Pola súa banda, manterase o dobre sentido de circulación entre a intersección coa avenida de Galicia e o inicio á subida de Santa Baia, é dicir, na contorna do aparcamento do centro de saúde, con velocidade limitada a 30 km/h e con pasos de peóns elevados.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de mellora da mobilidade na Rúa Lepanto de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume de transformación urbana con tres obras financiadas pola Deputación
Por Redacción |
-
Manifestación este domingo en Ponte Caldelas ante a "insostibilidade do centro de saúde"
Por Redacción |
-
Poio, Marín e Cerdedo-Cotobade reciben unha nova inxección de 950.000 euros do Plan Concellos
Por Natalia Puga |
-
O orzamento de Ponte Caldelas para este ano ascende a 4,1 millóns de euros
Por Redacción |
-
Unha nova praza fronte ao centro de saúde de Ponte Caldelas homenaxeará os profesionais da sanidade
Por Redacción |
-
Levan catro anos pedindo unha solución para garantir a seguridade peonil na rúa Lepanto
Por Anxo Lourido |