Espectacular accidente sen feridos ao envorcar un coche en Combarro
Por Redacción
Un aparatoso accidente de tráfico interrompeu o tráfico na PO-308 ao seu paso por Combarro (Poio). Sen ningunha causa aparente, o condutor dun Citröen Xsara, que circulaba pola avenida da Costa, xusto antes de chegar ao centro da localidade, saíuse da estrada.
O coche quedou envorcado sobre a vía tras colisionar cun muro de pedra que protexe unha das vivendas da zona. Malia a espectacularidade do accidente, o condutor do turismo saíu ileso do sinistro, polo que non houbo que lamentar danos persoais.
Ao lugar do accidente trasladáronse axentes da Policía Local de Poio e do 061. Un dos carrís da vía, o que vai en dirección a Sanxenxo, mantívose cortado durante varias horas, ata que un guindastre retirou o vehículo da estrada.