A Orde do Caldo de Mourente dá a benvida aos seus novos confrades
Por Redacción & Cristina Saiz
A Festa do Caldo de Mourente segue viva, a pesar da súa cancelación o pasado mes de marzo debido á situación sanitaria.
Co obxectivo de manter vivo o seu espírito esta fin de semana celébrase o XXX Gran Capítulo do Caldo Galego, un evento fóra do común coa reunión na cidade de confrarías de España e Portugal durante toda a fin de semana.
Trátase de confrarías como Botón de Ancla (Marín), Caldo de Quintandona (Penafiel, Portugal), Viños Rías Baixas (Cambados), Ameixa de Carril (Carril), Cordero Segureño (Huéscar, Granada), Amigos dos Nabos (Asturias), Yumay (Asturias), Centolo Larpeiro do Grove, Cigala de Marín, Galo Quirico (Marín), Berza (Marín), Vino de la Ribera del Duero, Xan Carallás (Redondela), Porco Ravelo (Portugal), Porco Ravelo (Portugal), Luso Galaica e Albariño de Cambados, así como algunha máis do país veciño.
Ademais, dentro da programación da fin de semana, a Orde do Caldo Galego de Mourente investiu aos seus novo confrades, Damas e Cabelleros do Caldo, nun acto celebrado na Praza de España. Entre eles atopábanse o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes; o xefe da Policía Local de Pontevedra, José Manuel Duarte; a directora do IES Sánchez Cantón, Carmen Margariña Valderrama; a vicepresidente da Asociación da Pequena e Mediana Empresa (Aempe), Silvia Crespo; o mariñeiro Cándido Márquez; o funcionario de Policía Antonio Javier Porras; o técnico sanitario Antonio García Puig; e o ex-funcionario do Concello de Pontevedra Celso Mirón.