A Lama prepara un dispositivo de seguridade pola celebración do Santo Cristo de Xende
Por Redacción
O tenente de alcalde do Concello de A Lama David Carrera e responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea mantiveron unha xuntanza de coordinación dun amplo dispositivo de seguridade que se porá operativo durante esta fin de semana para atender e prever calquera problema que se poida producir durante a celebración dos actos relixiosos do Santo Cristo de Xende.
Operarios municipais e tamén da Deputación de Pontevedra remataron os labores de limpeza e acondicionamento dos viais por onde discurrirá este evento turístico-relixioso. O Concello aproveitou tamén a previsible afluencia de xente para colocar un panel turístico informativo sobre o entorno do santuario.
Responsables da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea desprazáronse ata as inmediacións do Santuario de Xende acompañados polo tenente de alcalde, David Carrera, para deseñar sobre o terreo as liñas xerais de actuación e ordenación do tráfico ante a previsible chegada dun número importante de devotos aos actos relixiosos na honra do Santo Cristo.
As boas previsións metereolóxicas e a recuperación da normalidade despois da pandemia da Covid-19 fai prever que esta fin de semana se produza unha gran afluencia de devotos ao entorno da igrexa de San Paulo onde está albergado o Santo Cristo de Xende.