Acendendo a chama para mover o mundo
Por Redacción
Manos Unidas celebra, por primeira vez, as "24 horas que moven o mundo". Trátase dunha acción global de sensibilización solidaria que se desenvolve desde esta semana e ata o 13 de decembro en 24 cidades españolas a través de máis de 40 eventos diferentes. Un deles, denominado Acende a chama ten lugar durante 24 horas ininterrumpidas, ao longo de todo o planeta. E en Pontevedra tamén se secundou esta iniciativa.
A este evento, que se celebrou nas inmediaciones da Basílica de Santa María, puideron unirse todos os cidadáns que o desexaron. Xuntáronse así a unha iniciativa única, segundo os seus organizadores, "que encheu o mundo de luz de leste a oeste" durante os dous últimos días.
Con iso, Manos Unidas querían recordar de xeito simbólico, a necesidade de traballar unidos polo desenvolvemento integral de todas as persoas. "Co sinxelo xesto de acender a luz dunha vela queremos iluminar un mundo que deixa na sombra a millóns de persoas cada día", rezaba o comunicado baixo o que se convocaba esta acción solidaria e reivindicativa.