As familias do Villa de Pitanxo piden a Sánchez "dez minutos" para que dea explicacións
Por Alejandro Espiño
Cunha concentración simbólica ás portas do Congreso dos Deputados, unha representación dos familiares dos 21 falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo trasladouse este mércores a Madrid para facer oír as súas reivindicacións.
Coincidindo coa celebración no seu interior da sesión de control ao Goberno, os familiares reiteraron a súa petición para que o Estado facilite medios para baixar ata o pecio afundido e "obter probas" para aclarar as causas desta catástrofe marítima.
A súa portavoz, María José de Pazo, reclamou que Pedro Sánchez lles dedique "dez minutos" para explicar ás familias os motivos polos que o Goberno se nega a esta operación. "Queremos que sexa el quen nos tenda a man", engadiu.
"É moi sinxelo o que pedimos", sinalou De Pazo, que reiterou que existen informes de expertos que avalan que existen medios para descender ao lugar do afundimento.
Os familiares aseguran que "é triste" que teñan que insistir nesta petición "porque é obrigación de Sánchez garantir a obtención de probas para que haxa unha investigación clara e transparente", segundo a filla de Francisco de Pazo, xefe de máquinas do barco.
Non entenden esta actitude, dixo María José de Pazo, por parte dun Goberno "que alardea de ser progresista e estar á beira dos traballadores".
Relacionadas:
-
As familias do Villa de Pitanxo rexeitan a oferta do Goberno e pactan un contacto directo con Canadá
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno propón ás familias do Villa de Pitanxo reunirse coas autoridades de Canadá o 29 de xuño
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga |
-
Familiares do Villa de Pitanxo acusan o sobriño do patrón de mentir e piden á Audiencia Nacional que o investigue
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Nacional pide á Garda Civil que analice o móbil dun dos falecidos do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
Petición unánime do Parlamento galego para que o Estado ordene baixar ao pecio do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño |
-
Familiares das vítimas do Villa de Pitanxo, indignados porque o buque Vizconde de Eza non explore os restos do naufraxio
Por Redacción |