Promoción do turismo de natureza e saúde de Cuntis na Semana Verde de Silleda
Por Redacción
O Concello de Cuntis participa cun posto propio na 44 edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra no municipio de Silleda. Neste espazo, persoal municipal promociona a oferta de turismo centrada na natureza e no deporte, ademais da saúde, que fomenta o goberno local.
Desta forma, o materia promocional exposto na Feira proxéctase nas termas e nas fontes de auga quente, cos beneficios que supoñen estas augas na saúde dos visitantes. Numeroso público achegábase desde o xoves á caseta cuntiense e agardan que, ao longo desta fin de semana, o número de persoas interesadas aumente.
Os roteiros de sendeirismo conforman outro dos principais atractivos. Desta forma, as persoas solicitan folletos e información destas diferentes opcións sinalizadas polo municipio. O interese espértase porque a maioría destes percorridos ofrecen unha dificultade baixa e non requiren de equipamento especial. Cuntis rexistrou, segundo o goberno local, un notable número de visitantes despois do momento máis complicado da pandemia coa idea de descubrir espazos descoñecidos.
Cuntis forma parte dos 693 expositores directos de nove países que mostran as súas posibilidades como destinos atractivos para os próximos meses nesta Feira multisectorial.
Relacionadas:
-
A chegada dun técnico reforza a oficina de turismo de Cuntis
Por Redacción |
-
Preto dun cento de visitantes preguntaron esta semana polas propostas turísticas de Cuntis
Por Redacción |
-
Un Plan Director para protexer o casco histórico de Cuntis e marcar a súa folla de ruta futura
Por Redacción |
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |
-
Cuntis retoma os traballos de posta a punto das sendas
Por Redacción |