Puentes só pedirá a bandeira azul para o Lérez "se non choca co modelo de senda e praia natural que queremos"
Por Manu Otero
A ausencia de bandeira azul tanto na praia como na senda do Lérez segue coleando. O concelleiro de Medio Natural saíu este mércores ao paso das críticas do Partido Popular por renegar do distintivo. Iván Puentes puntualiza que o Concello "non renunciou" á bandeira, soamente están a valorar "dun xeito pormenorizado as esixencias que esa solicitude implicaría tanto para a senda como para a praia".
Neste sentido, o concelleiro socialista mantense firme na súa postura de rexeitar a solicitude se as esixencias de Adeac para concedela "chocan con ese modelo de senda e praia natural que queremos para o noso río e para a nosa cidade".
Puentes apoia a súa argumentación con exemplos de concellos de Galicia, como o de Valdoviño ou O Grove, que "con praias das máis fermosas e máis riqueza ambiental e ecolóxica teñen renunciado expresamente á solicitude de bandeira azul porque responde a unha serie de criterios urbanos e de servicios públicos que chocan contra o desenvolvemento sostible e contra o mantemendo desas praias no estado máis natural posible, que é o que se busca no día de hoxe".
Por iso arremeteu tamén contra os populares aos que cualifica de "desinformados" e con "unha mentalidade dos anos noventa que non se corresponde con ningunha das teorías do século XXI e de loita contra o cambio climático", criticou.
Con todo, destaca o titular de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural que "a calidade da auga do Lérez está en condicións óptimas todos os días do ano" y que la senda del río "ten unha riqueza paisaxística indubidable". Por ello está convencido de que "poderiamos ser serios candidatos a ter a bandeira azul"
Desde o goberno local están a realizar un estudo para avaliar o impacto que podería ter a bandeira azul neste espazo natural, pero o que quere deixar claro o concelleiro é que "independentemente da bandeira, son dous equipamentos dos que poden gozar toda a veciñanza de Pontevedra", resolveu.