Marcón inaugurará o seu novo parque infantil cando mellore o tempo
Por Redacción
O concelleiro e coordinador do rural Alberto Oubiña visitou este martes, 31 de maio, as novas instalacións do parque infantil de Marcón, situado ao carón da casa de cultura da parroquia.
O parque acaba de recibir unha renovación integral, que consistiu na súa desmontaxe para reconstruilo de novo desde cero
O proxecto contou cun orzamento de 48.000 euros, e foi executado pola empresa HPC Ibérica. A día de hoxe, o parque conta cun novo valado, un novo pavimento e unha renovación total de todos os elementos de xogo, listos para usar polas crianzas que visitan esta zona da parroquia.
"É un espazo moi concorrido e agardamos que quede dispoñíbel para o seu uso a partir da vindeira semana, a falta dun par de retoques á instalación, previos á inauguración, que dependen dunhas mellores condicións meteorolóxicas", explica Oubiña.
"Queremos que os cativos e as cativas gocen deste novo espazo, tanto os de Marcón como os que visiten de parroquia, mantendo ademais un alto nivel de calidade neste tipo de parques", finalizou o edil.
Relacionadas:
-
A renovación dos parques infantís dos colexios A Xunqueira I e Marcón ascende a case 70.000 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada