Abre o prazo de solicitude en Bueu para as fogueiras de San Xoán e San Pedro
Por Redacción
O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 14 de xuño.
As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no Bando da Alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberán superar en ningún caso os 3 metros de alto.
Tal e como se explicita no bando, só serán susceptibles de autorización as solicitudes sobre terreos ou espazos públicos onde non resulten expresamente prohibidas polas ordenanzas municipais, ou ben en terreos privados.
Relacionadas:
-
Poio permite facer fogueiras de San Xoán nas súas praias
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu rexeita o convenio de Portos de Galicia sobre a pesca recreativa por "improcedente e inoportuno"
Por Redacción |
-
Prohibido facer cacharelas nas praias de Marín
Por Redacción |
-
Aberto o prazo ata o 17 de xuño de solicitude de permisos para as fogueiras de San Xoán 2022
Por Redacción |
-
Sanxenxo autoriza as fogueiras de San Xoan en Lavapanos, Panadeira, Silgar e Caneliñas
Por Redacción |