A Deputación asina un convenio co CSIC para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico provincial
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este luns un convenio co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) , valorado en 400.650 euros e con vixencia ata 2024, para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico da provincia.
Xunto á presidenta participaron neste acto o delegado do CSIC, Javier Rey; o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), Felipe Criado, e as investigadoras María Faro, Noemí Silva, César Parcero, Xosé Lois Armada e Elena Cabrejas.
No marco deste convenio analizaranse e estudaranse tanto as coleccións existentes como novos materiais, impulsaranse actividades de divulgación e, finalmente, apoiarase aos concellos nun ámbito tan específico como a investigación, preservación e promoción do seu patrimonio arqueolóxico.
Carmela Silva sinalou que este convenio nace da experiencia acumulada durante o convenio piloto asinado en 2020 e estreita a alianza científico-administrativa entre Deputación e CSIC.
O convenio inclúe a convocatoria dun programa aberto, dirixido aos concellos, convocado con transparencia e concorrencia competitiva, para que poidan presentar proxectos para facer realidade intervencións arqueolóxicas non invasivas e coa última tecnoloxía dispoñible no seu territorio.
Carmela Silva destacou que son actuacións que serían moi complexas para pequenos municipios que albergan tesouros patrimoniais baixo terra. En base a este programa, neste ano seleccionaranse 2 proxectos, outros 3 en 2023 e, finalmente, outros 3 en 2024.
O segundo aspecto será o estudo das coleccións existentes en museos, especialmente no Museo de Pontevedra, así como de materiais novos aínda sen catalogar ou os que podan achegarse nun futuro inmediato.
Finalmente, prevense actividades de divulgación dirixidas á sociedade que incluirán unha exposicións sobre os resultados das intervencións a realizar, unha exposición itinerante pola provincia, cinco charlas e obradoiros en centros educativos e outras tres en espazos municipais.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos de campo no xacemento da Illa de San Sadurniño, en Cambados
Por Redacción |
-
O Instituto de Ciencias do Patrimonio realizará novas intervencións en oito xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Oskar Viéitez |
-
Un catálogo identifica as variedades locais de cultivos galegos
Por Raquel Currás Martínez |
-
300.000 imaxes, dixitalizadas para poñer en valor os fondos patrimoniais de Marín
Por Redacción |
-
RADIO.- Do Parlamento galego a Salcedo. Repasamos a actividade da Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Unha exposición no paseo Odriozola percorrerá os cen anos da Misión Biolóxica de Galicia
Por María José Pita |