Tres barrios da cidade fan un percorrido por cinco continentes a través do xogo
Por Redacción & Cristina Saiz
A segunda edición de Xogos na Rúa, que se inaugurou o pasado martes 24 de maio, chegou este sábado a tres novos barrios da cidade con motivo do Día Internacional do Xogo e levou a San Roque, Monte Porreiro e Mollabao propostas lúdicas dos cinco continentes.
Estes 'Xogos do mundo' celebráronse durante a mañá na pista de skate de Mollaboa a contorna da Alameda no barrio de San Roque e o paseo do Miradoiro de Monte Porreiro. Alí, ofreceron unha escolma de xogos tradicionais dos cinco continentes: o das pirámides, o xogo de pelota, as estatuas, o gato e o rato.
Os participantes, menos numerosos que na primeira xornada do martes pola intensa calor deste sábado en Pontevedra, recibiron unha explicación sobre o xogo e a súa orixe.
O Concello de Pontevedra informa de que a seguinte cita cos Xogos na Rúa será a fin de semana dos días 11 e 12 de xuño, co II Campionato Xogos na rúa Efecto PO2, que chegará a 8 barrios, tres máis que na primeira edición.
Os equipos medirán as súas habilidades en xogos tradicionais como corda, colleita de mazaroca, o pano ou tiro de argola en Monte Porreiro, Valdecorvos-O Castañal, Pontevedra Leste, O Gorgullón-Eduardo Pondal, Campolongo, A Moureira-San Roque, Mollabao e a praza do Concello.
Relacionadas:
-
Xogos na rúa converte o barrio da Moureira no escenario da procura dun tesouro
Por Redacción |
-
Catro novos 'xogos na rúa' para o inverno pontevedrés
Por Redacción |
-
Os xogos populares, ao poder no segundo Campionato Interbarrios
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pelotas xigantes, panos e cordas para fomentar os Xogos na Rúa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Regresan os Xogos na Rúa para coñecer o mellor barrio de Pontevedra
Por Redacción |