Adega de María, un lugar para compartir momentos e experiencias gastronómicas
Por Redacción
Situada na rúa Profesor Filgueira Valverde 10, a escasos minutos do centro de Pontevedra, Adega de María abriu as súas portas ao público o venres 15 de novembro, coa intención de converterse nun lugar de encontro ideal onde tomar un viño e unha tapa mentres se goza da súa cómoda terraza ou degustas a súa carta no acolledor e amplo comedor, ademais de apreciar o bo facer dunha cociña que emprega produtos da nosa terra, coas mellores carnes e peixes á grella.
A festa de inauguración congregou numeroso público ansioso de coñecer as instalacións dun moderno restaurante, cuxas instalacións e servizo causaron unha magnífica impresión.
Pero, con ser bo o marco o mellor da Adega de María está no seu interior, na súa cociña, que é o corazón do local. Nela selecciónanse e trátanse con mimo cada día os mellores e máis frescos produtos do mercado, para darlles unha elaboración coidada, adornada cunha impecable presentación.
E a súa adega. ÿ outro dos puntos fortes deste novo local. Unha coidada selección de licores e viños. Caldos de aquí e de alá para maridar tanto co peixe fresco do día coma coa gran variedade de carnes da súa carta.
O MENÿ DO DÍA
Máis que un menú do día, Adega de María ofrece un pequeno menú degustación que consta de tres pratos e unha sobremesa. Todo por un axustado prezo de 11,90 euros.
Pero se ese menú do día non coincide co gusto do cliente, Adega de María ten a disposición do público unha ampla e variada carta de pratos capaz de satisfacer ao padal máis esixente, sempre coa mellor relación calidade/prezo.
UN LUGAR PARA CELEBRACIÿNS OU COMIDAS DE TRABALLO
Ademais, o amplo espazo da sala fai da Adega de María un lugar onde gozar, coa opción de reservar unha zona privada para celebracións e aniversarios, así como para ceas e comidas de traballo. Abonda con pedir presuposto sen compromiso, chamando ao teléfono 886 213 739, poderase obter a proposta que mellor se adapte a todos os padais e petos, adaptando os menús ás suxestións e gustos dos clientes.
Deste modo, a Adega de María preséntase ao público coa intención de converterse nun punto de referencia gastronómico da Boa Vila, ademais de ser un lugar especial onde gozar dun ambiente agradable en compañía de familia e amigos.