O Campaverán se desenvolverá no mes de xullo en Carballedo
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou ese xoves cos membros da Federación de ANPA de centros públicos de la provincia de Pontevedra (FANPA), Rogelio Carballo, Ángel Sánchez e Alba González, o campamento lúdico para nenos e nenas de 8 a 16 anos que baixo o nome de "Campaverán 2022" se desenvolverá en dúas quendas do mes de xullo no CEIP Plurilingüe de Carballedo, organizado por esta organización de pais e nais en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade.
Manterá aberto o prazo de inscrición entre o 6 e o 22 de xuño a través do correo electrónico actividades@nontedurmas.org dispoñendo do seguinte teléfono de información: 986 85 86 05.
No mesmo acto, Jorge Cubela manifestou a súa satisfacción porque a FANPA elixira o seu concello para realizar esta iniciativa e indicou que "sentímonos moi orgulloso de que a FANPA nos escollera para organizar este campamento lúdico o que dá boa conta da potencialidade turística e nautural do noso municipio".
Por outra banda, no mesmo acto, o alcalde informou de que se están rematando xa os últimos detalles da organización de tres ludotecas distribuídas por todo o territorio con centros en Carballedo, Tenorio e Cerdedo entre xullo e agosto que terán as súas prazas limitadas e cun prezo por neno e mes de 40 euros (non fraccionables). O obxectivo é poder atender a máis de 150 rapaces promovendo a súa formación e lecer e facilitando a vida laboral dos seus pais.
O CONCELLO APORTA 120 DOS 160 EUROS QUE CUSTA POR PARTICIPANTE
Así, as tres ludotecas, que está orientadas a rapaces de 4 a 12 anos, abrirán o seu prazo de inscrición o vindeiro luns 30 de maio e terán un custo por participantes de 40 euros xa que o Concello asume 120 dos 160 euros que por participante custa esta actividade. Na inclusión nas ludotecas darase prioridade aos rapaces empadroados no municipio. A matrícula permanecerá dispoñible ata o vindeiro 13 de xuño e pode formalizarse na OMIX de Carballedo ou no Departamento de Servizos Sociais da sede administrativa de Cerdedo, realizándose por orde de achega.
As ludotecas de Cotobade desenvolveranse do 1 ao 29 de xullo e de 1 a 31 de agosto de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas e terán lugar no edificio multiusos de Carballedo e no CEIP de Tenorio, mentres que a de Cerdedo será no pavillón municipal e contará co mesmo horario.
Relacionadas:
-
Vacacións multideportivas e escolas de navegación para a rapazada de Vilagarcía
Por Redacción |
-
As familias de Cuntis xa poden inscribir aos seus nenos no programa Cuntilín
Por Redacción |
-
LudoCaldas ofrece 120 prazas para o mes de xullo e de 80 para agosto
Por Redacción |
-
Haberá Ludoverán 2022, Concello e Fanpa chegan a un preacordo
Por Oskar Viéitez |