O colexio A Xunqueira I vivirá unha revolución accesible cun investimento de 130.000 euros
Por Redacción
Un investimento de 130.000 euros suporá unha auténtica revolución accesible no CEIP A Xunqueira I de Pontevedra. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia acaba de impulsar neste centro unha actuación de mellora integral da accesibilidade.
A actuación consiste na construción dun ascensor no patio interior que permita a comunicación sen barreiras de todos os niveis do edificio central do colexio e a execución dunha rampla accesible que favoreza a conexión entre a entrada ao ascensor e a altura do ximnasio, polo que esta nova infraestrutura emprazarase no denominado patio 2.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron as instalacións este xoves e mantiveron un encontro co equipo directivo e representantes educativos para falar deste proxecto.
O prazo de execución das obras é de seis meses e acaban de saír a licitación para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.
Esta actuación permitirá, en palabras de López, "dar un perfecto cumprimento á normativa de accesibilidade, favorecer a mobilidade universal no seu interior e mellorar o funcionamento do colexio con este itinerario accesible completo".
Relacionadas:
-
'Pontenciencia' converterá o campus nunha exhibición de talento escolar e nunha homenaxe á muller investigadora
Por Natalia Puga & Diana Eiras |
-
A loita pola igualdade líbrase estas semanas nos centros educativos de Pontevedra
Por Redacción |
-
A renovación dos parques infantís dos colexios A Xunqueira I e Marcón ascende a case 70.000 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada