Milladoiro, a guinda para unha Festa do Viño de Barro que volve por todo o alto
Por Redacción
A Festa do Viño de Barro, que se celebrará no ámbito do Pazo da Crega entre os días 16 e 19 de xuño, desvelou a súa programación para unha edición que recuperará o seu formato habitual tras os dous anos de pandemia que impediron a súa normalidade.
O pregón, como xa se anunciara, correrá a cargo de Johnny Güimil. Será o venres 17, ás 21:00 horas. Pero a festa xa comezará o día antes cunha festa infantil e os concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona (20.00 horas) e Galifunk (22.30 horas).
A degustación dos viños xa comezará nesa primeira cos Xoves de Viños e continuará durante toda a fin de semana.
Ao pregón do venres seguiralle a actuación do grupo Son das Tabernas e a verbena coas orquestras Marbella e Los Satélites (22:30 horas). Antes, ás oito da tarde, amenizará a festa o grupo de danzas Amor Ruibal de Barro.
O sábado 18, a programación inclúe un concerto da Coral Polifónica de Barro (20:00 horas) xunto co grupo Calcafoles del Lérez e as pandereteiras Peñaflor. A verbena (22:30 horas) contará coas orquestras Finisterre e Metrópolis.
O día grande da Festa do Viño de Barro será o domingo 19, que arrancará co encontro tradicional de vespas, lambrettas e motos clásicas e a sardiñada popular (12:00 horas).
As catas de viños comezará ás dez e media da mañá e a entrega de premios será ás 13:30 horas, xusto antes do tradicional xantar que se organiza durante esta festa.
O broche de ouro correrá a cargo do espectáculo As nosas voces, cos artistas locais Ana Angueira, Jorge Menéndez, Ana Iglesias, Johnny Güimil, Robert Beade e a Banda Xuvenil de Barro (20:00 horas) e do concerto de Milladoiro (21:30 horas).
Relacionadas:
-
Barro celebra o día grande da Festa do Viño
Por Cristina Saiz |
-
O Espazo Concilia de Barro acollerá este verán 150 cativos
Por Redacción |
-
A hostalería local, protagonista da primeira Festa do Viño de Barro pospandemia
Por Redacción |
-
Johnny Güimil será o pregoeiro da Festa do Viño de Barro
Por Redacción |