Cuntis adhírese á campaña de sensibilización sobre a correcta reciclaxe de pilas e baterías
Por Redacción
O Concello de Cuntis participa da campaña de concienciación e recollida de pilas, baterías e acumuladores polo que convida á veciñanza a achegarse ata a carpa que este mércores 25 de maio se instalará diante da Casa Consistorial e na que dúas monitoras ambientais explicarán os perigos e riscos de depositar as pilas nos contedores inadecuados.
O obxectivo desta campaña é a implantación dun sistema de recollida deste tipo de residuos que permita reducir o impacto ambiental xerado polos mesmos mediante a sensibilización sobre a importancia de reciclar correctamente este tipo de lixo.
Na carpa facilitarase información dos lugares nos que quedan instalados os contedores axeitados para depositar as pilas con seguridade e garantías de respecto ambiental e recollerán as pilas e baterías en desuso que lle acheguen os cidadáns.
Entre as 11 e as 13 horas os veciños de Cuntis poden achegarse a deixar as súas pilas usadas na carpa. As monitoras medioambientais regalarán merchandising cedido por Ecopilas.
O Concello de Cuntis adhírese a esta campaña pola que trimestralmente Ecopilas se compromete a recoller as pilas e baterías consumidas nas dependencias municipais e a habilitar contenedores axeitados para a cidadanía en xeral.