O implicado nun accidente en Combarro, denunciado por falsificar o adhesivo da ITV
Por Redacción
Un dos condutores que se viu implicado nun accidente de tráfico en Combarro foi denunciado pola Policía Local de Poio por falsificar a documentación do seu coche.
Os axentes acudiron para investigar o accidente, no que só se produciron danos materiais tras o impacto entre os dous vehículos.
Pero advertiron que un dos coches tiña a ITV caducada e non levaba o selo da estación na documentación, pero en cambio levaba o adhesivo que indicaba que estaba en vigor.
Tras comprobar que o adhesivo non correspondía a ningunha revisión foi denunciado.
Deberá responder ante o xulgado como presunto autor dun delito leve de falsificación documental por uso de distintivo falso, concretamente por circular co adhesivo da inspección técnica favorable no seu vehículo cando a posuía caducada.