Rescatado un veciño de Poio de 76 anos que levaba tres días malferido nunha leira
Por Redacción
A Policía Local de Poio rescatou este sábado un veciño de 76 anos que levaba tres días malferido nunha finca do zona de San Martiño.
Segundo relatou aos axentes, caerá ao chan na leira da súa vivenda, mancouse e non foi capaz de moverse.
Este home, que reside só na súa vivenda, permaneceu tirado no chan desde o xoves.
Foi evacuado por técnicos do 061 e trasladado ao Hospital Montelelo completamente aturdido, deshidratado e con queimaduras en cara e corpo do sol, tamén presentaba diferentes traumatismos de tentar levantarse sen poder logralo.
Dende a Xefatura da Policía Local de Poio sinalan que esta situación conleva un posible desamparo, polo que foron informados os Servizos Sociais, para que inicien os trámites e así incluír a este veciño nos distintos programas e actividades destinados a mellorar a calidade de vida, promover contextos que faciliten a inserción social e atender situacións puntuais de emerxencia social.
Máis aló da vixilancia na vía pública ou controis de tráfico, a Policía Local de Poio desenvolve a diario un labor tremendamente importante: os servizos humanitarios. Concretamente, no que vai de ano 2022, os efectivos policiais levaron a cabo máis de 20 auxilios a persoas desorientadas, extraviadas, sen fogar ou en risco de exclusión social, de avanzada idade ou con problemas de saúde.
Así, os axentes realizaron estas actuacións de apoio a persoas desorientadas, a persoas ebrias na rúa, a persoas sen teito ou recursos, nunhas cifras que van en aumento, e unha decena de requirimentos por intentos de suicidio de familiares ou achegados do alertante.
Con todo, as asistencias máis frecuentes entre os axentes municipais son as actuacións con persoas enfermas de saúde mental, normalmente de persoas de avanza idade que residen soas ou cuxos conviventes non son capaces de auxiliar.
PREOCUPACIÓN POLO AUMENTO
Son requirimentos que entrañan certa preocupación e aos que se lles dá unha resposta inmediata, ao tratarse de labores asistenciais a persoas vulnerables ou desprotexidas que viven soas ou con acompañantes que non poden cubrir as súas necesidades de mobilidade ou auxilio.
Nestes episodios adoita ser habitual que sexan os veciños os que solicitan a presenza policial ao escoitar a algún dos seus veciños de idade avanzada, ao que se lle que pode sumar que vivan sós, gritar e pedir auxilio.
Os policías acceden ao domicilio do requeriente (ás veces con axuda dos bombeiros) e comproban o estado da persoa, tomando as primeiras medidas de protección e auxilio, solicitando a asistencia médica se fose necesario.
Tamén se tenta localizar a algún familiar para transmitirlle o sucedido e finalmente, se fose preciso, trasládase o informe ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Poio para o seu seguimento.