Adxudicados 93 nichos baleiros nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación das concesións de nichos baleiros nos cemiterios municipais de San Amaro e Ponte Sampaio. Das 63 solicitudes presentadas foron adxudicados 93 nichos, 91 no cemiterio de San Amaro e dos no cemiterio de Ponte Sampaio.
No cemiterio de San Amaro adxudicáronse 33 nichos individuais, admitíronse 21 solicitudes de dos nichos e catro solicitudes de catro nichos; mentres que no camposanto de Ponte Sampaio foron adxudicados dous nichos a un solicitante.
As persoas adxudicatarias deberán cumprimentar o procedemento administrativo nun prazo non superior aos 15 días hábiles: pagamento das taxas, xustificante de ter abonado as taxas, e documentación acreditativa de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
Relacionadas:
-
San Amaro e Ponte Sampaio ofertarán 325 novos nichos
Por Alejandro Espiño |
-
Posta a punto dos cemiterios pontevedreses de cara o día de Todos os Santos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Abre o prazo para solicitar nichos nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Máis de 350 nichos adxudicaranse, a partir de xuño, nos cemiterios de San Mauro e Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |