O comercio de Ponte Caldelas repartirá 3.300 euros en vales de 10 euros
Por Redacción
Mercar en Ponte Caldelas ten premio. Os comerciantes da vila que forman parte de Coempo repartirán esta primavera un total de 30.000 rascas entre os seus clientes e repartirán 330 vales de 10 euros, un total de 3.300 euros para gastar no comercio de Ponte Caldelas
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, apoiou esta iniciativa na presentación da campaña e recordou a importancia de dinamizar o comercio local para atraer máis clientela, así como felicitou a Coempo polo seu empeño en impulsar o pequeno comercio do municipio e apostar por campañas que potencian as compras na localidade.
Díaz recorda que Coempo recibe unha subvención de 12.000 euros anuais do Concello de Ponte Caldelas, "unha axuda que seguiremos aportando porque a aposta deste Concello polo comercio local é total e está garantizada".