Obradoiro infantil e concerto de jazz para inaugurar a praza Arturo Souto
Por Redacción
O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, anunciou este mércores que a inauguración da praza do Pintor Arturo Souto, situada na rúa Loureiro Crespo, terá lugar este venres pola tarde.
Acompañado das traballadoras de O Galpón Lab e de hostaleiros da praza, o nacionalista aproveitou a súa comparecencia para explicar os actos da festa de inauguración dun espazo de "alta calidade urbana" nunha zona de "alta densidade de poboación".
O pano levantarase a partir das 17.30 horas do venres, pero "a praza xa foi colonizada polos nenos e nenas", explicou con orgullo o edil.
Desde O Galpón Lab teñen previsto ocupar toda a praza cun taller no que fomentarán a creatividade e psicomotricidade. "Queremos que as crianzas se apropien da praza e que saiban que a súa responsabilidade é e ciudala e tamén decorala". Dado que a praza leva o nome dun pintor, desde este grupo de arte propoñerán actividades relacionadas coa pintura.
Dúas horas máis tarde, a praza converterase nun improvisado auditorio para o recital de SPJ Group e xa durante a actuación, o bar Ladeleo ofrecerá servizo de coctelería e, ao terminar, convidará a toda a veciñanza a unha gran paella."No futuro poderemos facer máis cousas, como sesións vermú. A praza agora está máis aproveitada, gañamos todos", remató el hostelero.
Relacionadas:
-
A praza do Pintor Arturo Souto celebra a súa inauguración con jazz e xogos infantís
Por Redacción |
-
A reforma da praza Pintor Arturo Souto avanza coa retirada do vello pavimento
Por Redacción |
-
A futura Praza do Pintor Arturo Souto, sen barreiras arquitectónicas e con plataforma única
Por Alejandro Espiño |