As mareas vivas engulen un tractor na ría de Pontevedra
Por Redacción
A imaxe chamaba a atención entre as persoas que circulaba entre os municipios de Pontevedra e Marín á altura de Praceres durante o Día das Letras Galegas. Un tractor víase inmerso e afundido na ría de Pontevedra na zona de Lourizán.
Segundo os datos solicitados por PontevedraViva, o vehículo atopábase realizando tarefas na zona empregada pola confraría de Lourizán para extraer marisco cando sufriu unha avaría.
Ante a imposibilidade de retiralo da zona e coas mareas vivas que se están rexistrando durante estes días, o vehículo foi asolagándose ata o punto en que, ao redor das 15.30 horas, só apreciábase a parte superior do tractor e os utensilios que transportaba, cando aínda non se chegou á pleamar.
As inclemencias meteorolóxicas ao longo da xornada festiva tampouco axudaron á hora de establecer un operativo de rescate.
O vento sopraba do sur pola mañá, do suroeste pola tarde e do sur pola noite,con forza de 5 a 7 pola mañá, que foi rebaixándose a mediodía que se achegaba a noite.
Segundo Meteogalicia, rexistrábase mar grosa durante a mañá e marusía pola tarde. As ondas tiñan unha altura de entre 3 e 4 metros nas Rías Baixas durante o momento en que o vehículo sufría a avaría nesa zona da praia de Praceres.