Rueda defende a continuidade do Goberno: "O que funciona ben non debe tocarse"
Por Oskar Viéitez
Este luns tomaron posesión os once integrantes do Goberno galego, coa única novidade de Diego Calvo que asume a Vicepresidencia segunda e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Como sinalou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cando pensaba na configuración do seu Goberno "lle dín unhas cantas voltas" ata concluír que "o que funciona ben non debe tocarse".
Alfonso Rueda reivindicou que "isto é un equipo" o "máis experimentado" e de "traxectoria contrastada" e ademais, engadiu que "aquí o que hai son compañeiros que se arroupan" polo que xustificou ese continuísmo apuntando que "sigo con este equipo porque foi sempre o meu".
Con respecto a Diego Calvo indicou que "os axustes lóxicos non son para enmendar nada senón para reforzarnos" e referiuse ao vicepresidente primeiro, Francisco Conde como "unha persoa imprescindible".
O novo xefe do Executivo galego ha instado aos seus conselleiros para "seguir traballando como ata agora", pero "si é posible, mellorar todavía máis".
Neste acto solemne, celebrado no Pazo de Raxoi, tomou a palabra Diego Calvo para agradecer a confianza depositada nel e tamén falou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que ao ser a decana de todo o equipo actuou como portavoz para dirixirse ao seu "patrón" xa "na ponte de mando" e dicirlle que "esta tripulación está a túa disposición e a de toda Galicia" e que están seguros de que "seguiremos firme non bo rumbo".
Ao longo da súa intervención, o titular do Executivo galego resaltou que as competencias de Turismo elévanse á Presidencia da Xunta, para realzar o seu carácter transversal. "Pedirei que neste ano tan decisivo para Galicia, no eido turístico, todas as consellerías se impliquen especialmente, para que este sector sexa un puntal no despegue económico", abundou, referíndose tamén ás tres consellerías que cambian de nome: a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Consellería de Política Social e Xuventude.
Sobre este punto, explicou que a FP gaña peso no organigrama do Executivo para seguir dándolle a relevancia e potenciación que esixen os novos retos; "ao igual que todas as inquedanzas da xuventude, piar fundamental da Comunidade, e que a promoción do emprego", engadiu.
Alfonso Rueda incidiu en que o novo Executivo seguirá a traballar para o interese xeral dos galegos e para responder aos retos da Comunidade. "Ofrecemos un compromiso sen límites para axudar a que siga progresando un pobo sen límites", sentenciou, recordando que, "fronte a un contexto marcado polas incertezas, Galicia está respondendo con enteireza e determinación".
Acto seguido, celebrouse a primeira reunión do Consello de la Xunta.
Relacionadas:
-
Rueda 'reta' a Cuca Gamarra e Elías Bendodo a seguirlle o ritmo polo Lérez
Por Redacción |
-
Pontevedra márcalle a Alfonso Rueda o "camiño a seguir" para a quinta maioría do PP
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Luis López asume de xeito interino a dirección do PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno coa única novidade de Diego Calvo
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta. "Tócame agora subir á ponte de mando"
Por Oskar Viéitez |