Atropelados tres nenos na entrada dun garaxe en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Tres nenos de 5, 9 e 12 anos de idade foron atropelados este sábado na Rúa Reino Unido, en Monte Porreiro.
A Policía Local de Pontevedra informou que o accidente se produciu ao redor das 13.15 horas, cando os menores atopábanse preto na entrada dun garaxe, nas proximidades da Ponte das Palabras.
Segundo o testemuño achegado pola nai dunha das menores atropeladas,"las niñas estaban viendo el paso de los ciclistas de la 4 Picos, haciendo unos carteles para animar, estaba Protección Civil cerca y más gente animando. El coche que las atropello es alto, tipo todoterreno y al salir se fijó en los ciclistas de si venía alguno o no, a ellas no las vio pero no estaban ni delante ni cerca de la puerta del garaje y menos jugando".
Dous dos nenos resultaron con feridas leves. A nena de nove anos foi a que resultou máis grave.