A Deputación aproba novas achegas do Plan Concellos para Poio, Vilanova e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera deu conta dos asuntos abordados na Xunta de Goberno Provincial celebrada este venres na que aprobáronse novos recursos para os municipios da provincia da man do Plan Concellos para actuacións de iluminación, melloras en estradas e camiños ou acondicionamento de locais.
En total son nove achegas que suman 1.489.515 euros e coas que Vilanova, Vilagarcía, Poio, Moaña, Redondela, Tomiño, O Rosal e Cangas (a onde que chegarán dúas subvencións).
Para Vilagarcía de Arousa foi aprobada unha achega de 130.680 euros substituirá as luminarias do campo de fútbol da Lomba por unhas novas tipo LED que aumentarán o nivel de iluminación á vez que reducen o consumo eléctrico.
Tamén se deu luz verde a unha achega de 69.000 euros para Vilanova de Arousa cos que se acondicionará a planta baixo cuberta do centro de formación do Pazo de Vista Real aumentando a superficie dispoñible ao crear dúas aulas grandes e unha pequena coas que se ampliará a oferta de cursos e actividades.
Para Poio aprobouse unha subvención de 154.500 euros que beneficiará ao concello de Poio, onde se acondicionará un local ten na Reiboa (A Seca) e que atualmente se destina a talleres profesionais para convertelo nun espazo de coworking no que se realizarán actividades orientadas á potenciación da xeración de emprego, riqueza e benestar social.
Relacionadas:
-
Vinte proxectos empresariais innovadores maduran no quinto coworking de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
O pleno de Poio aproba un convenio cos comuneiros de Combarro para crear un circuíto BTT
Por Redacción |
-
A Deputación presenta á veciñanza o proxecto que acometerá da estrada de Quireza cando concello ceda os terreos
Por Redacción |
-
Así é Poio Crea+, o espazo para o emprendemento no centro de formación da Reiboa
Por Redacción |