O alcalde de Ponte Caldelas lamenta que a conselleira "bote balóns fóra" no transvasamento do Verdugo
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, criticou que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidadw, Ethel Vázquez "bote balóns fóra" no conflito polo transvasamento do río Verdugo e o encoro proxectado en Forzáns e "lle pase a pelota" ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, ao pedir que se declare de interese xeral o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.
"Agora que ve que o rexeitamento social é masivo pretende que sexa o Estado o que se poña á fronte da cuestión? Por que non mostrou a súa postura antes? Se a manifestación do domingo non chega a ser masiva a Xunta avanzaría na proposta do encoro e do transvasamento?", preguntou Díaz.
Andrés Díaz lamentou que a Xunta pida agora consenso e unha reunión con todos os alcaldes afectados, "cando despois de que o anunciasen nos medios de comunicación nin a Xunta de Galicia nin o Goberno de España se dignaron a recibirme nin a enviarnos o estudo para que puidésemos estudar as agresións ambientais que propoñen para o noso concello. Parece que non existimos", indicou o alcalde de Ponte Caldelas.
Finaliza Díaz sinalando que "se declare ou non de interese xeral do Estado o abastecemento dos concellos do sur da provincia, a última palabra e a autorización final dunha obra nun río tena a Xunta de Galicia".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas promove unha recollida de firmas contra os plans para intervir no Verdugo e Oitavén
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas expón ao público o documento oficial do transvasamento e do encoro de Forzáns
Por Redacción |
-
O estudo de alternativas tamén propón unha presa no Verdugo inundando Portasouto e A Fraga
Por Oskar Viéitez |
-
O bombeo do Verdugo é un "sinsentido", segundo a Xunta, que rexeita tamén a presa de Forzáns
Por Alejandro Espiño |
-
"Dilapidaron o crecemento dun pobo con só plantexar a construción dun encoro en Forzáns"
Por Redacción |