Feijóo, Rajoy, Pastor e Rueda arroupan a Rafa Domínguez na súa reelección para presidir o PP local
Por Redacción
Rafa Domínguez contará esta fin de semana con grandes apoios no congreso no que será reelixido como líder do PP local de Pontevedra. O congreso no que o actual presidente en funcións é o único candidato contará coa presenza do actual presidente nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, pero tamén do ex presidente e pontevedrés de adopción Mariano Rajoy.
Ao acto, previsto no hotel Galicia Palace de Pontevedra, tamén está confirmada a asistencia doutros dous pontevedreses destacados no Partido Popular, o presidente provincial do partido e candidato único a liderar a formación en Galicia, Alfonso Rueda; e a ex ministra e actual vicepresidenta do Congreso Ana Pastor.
Todos arrouparán a Rafa Domínguez na súa reelección durante o XIII Congreso da formación local, no que será, en palabras do protagonista, "un dos días máis importantes da miña carreira política".
Domínguez avanzou que este sábado comezará "un percorrido ilusionante", pois vai presentar o seu proxecto de cambio, acompañado polo seu equipo e ante os afiliados do partido.
Mentres ultima xa os últimos detalles do congreso, o candidato e presidente en funcións deu as grazas adiantadas a todas as persoas que o van acompañar, nunha xornada que será de "profunda emoción".
Preséntase á reelección convencido de que "Pontevedra pide cambio", xusto a palabra, "cambio", que emprega como lema da súa campaña. Ante esta nova etapa, asegura que no PP están "máis preparados ca nunca".
O presidente do acto será o ex alcalde Juan Luis Pedrosa; a vicepresidenta, Raquel Souto; a secretaria, María Treviño; e os vocais, Juan Carlos Abeigón e Francisco Dapena.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, reelixido presidente do PP local, pide "unha Pontevedra aberta á ría" arroupado por Feijóo, Rueda e Rajoy
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Rafa Domínguez 'recupera' a Rosanna López Salgueiro para presidir o "consello de sabios" do PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra contará con catro grupos de traballo independentes
Por Redacción |
-
Rueda empeza o camiño para suceder ao "insubstituíble" Feijóo: "A quinta maioría absoluta empeza hoxe aquí"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez formaliza a súa candidatura para renovar o seu liderado no PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez sinala que o congreso do PP será "tremendamente beneficioso" para a hostalería da cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez anuncia a súa candidatura para seguir presidindo o PP: "a miña intención é ser alcalde"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |