Setembro será o mes de inicio das obras na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción
A Xunta de Galicia recibiu sete ofertas de empresas interesadas en acometer as obras previstas na estrada PO-504 ao seu paso por Sanxenxo. Estes traballos contan cun orzamento de preto de 223.000 euros e supoñerán o acondicionamento das beirarrúas.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que lidera a conselleira Ethel Vázquez, ten previsto iniciar as obras despois do verán, previsiblemente no mes de setembro. Mellorarase a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450.
A idea é ampliar o ancho para facilitar o paso de viandantes, ademais de ordenar o aparcamento e mellorar os vaos, segundo a Xunta de Galicia. Crearanse novas beirarrúas onde non existían e cambiaranse baldosas deterioradas na marxe esquerda. Tamén se elevará o nivel da beirarrúa, reordenando o aparcamento.
Desde a Consellería informan de que os traballos permitirán crear nova rede de sumidoiros; cambiar a zona de semáforos e tamén a iluminación; instalar valos de protección de contedores; e repintar a creación dun novo paso de peóns. Con este proxecto completarase a mellora de seguridade nesta PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, que en total supoñerá un investimento de 970.000 euros. Trátase dunha zona de concentración de accidentes.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Adxudican a Covsa a ampliación das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Máis de 750.000 euros para mellorar a seguridade na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Sete empresas optan a executar as obras na estrada entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
As novas beirarrúas na PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, comezarán a construírse en setembro
Por Redacción |
-
818.000 euros para mellorar a seguridade nun tramo de concentración de accidentes entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |