Denuncian o "lamentable estado" do punto de recollida de plástico agrícola de Cuntis
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE no concello de Cuntis ven de denunciar o que consideran un "estado lamentable" do punto de recollida de plástico agrícola, que está situado na zona industrial de A Ran.
Segundo os socialistas, que aportan numerosas fotografías do estado desta infraestrutura, este punto de recollida de plásticos "aseméllase máis a un vertedoiro que á función para a que foi creado, dado que nestes momentos é imposible depositar nel nada".
Recuerdan que, en el último pleno de la corporación municipal, preguntaron al gobierno local, más concretamente al concejal de Obras, sobre el estado de esta cuestión, "e dixo que estaba estudando tomar medidas, pero deso fai xa un mes e parece que de ir a mellor nada, senón todo o contrario".
De aí que o grupo municipal socialista solicite a "inmediata" retirada do vertedoiro incontrolado en dita zona "xa que está a dar unha lamentable imaxe na entrada da zona industrial e do centro de formación ocupacional de A Ran".
Esta situación, denuncian, "o que nos está a demostrar unha vez máis, é a incompetencia do goberno municipal do Partido Popular".