Rafa Domínguez sementa dúbidas sobre a viabilidade técnica da planta da Canicouva
Por Alejandro Espiño
Para o portavoz do Partido Popular, que o goberno municipal abra a porta á posibilidade de que a futura planta municipal de compostaxe poida non ser na Canicouva demostra que tecnicamente é "dificilísimo" que se poida construír na localización reservada desde 2015.
Asegura Rafa Domínguez que, aínda que non hai ningún informe que sosteña dita sospeita, en "varias conversaciones" que tivo sobre este proxecto garantíronlle que o desnivel dos terreos e a súa mala accesibilidade complican a súa viabilidade técnica.
"Este parece ser el motivo, entre otros, a que se abra la puerta a que sea en otra ubicación", mantivo Domínguez, ao incluír a cláusula de salvagarda que se contempla no novo contrato para que a empresa poida propoñer unha localización alternativa.
Aínda que chegado este suposto o contrato recolle que debe ser a compañía adxudicataria a que propoña, tramite e xestione a nova localización, o líder do PP de Pontevedra esixe que o goberno municipal comunique "de manera inmediata" en que parroquia se situará.
O portavoz do PP engade ademais que "nos llama poderosamente la atención" que o Concello admita agora esa posibilidade tras pagar uns 100.000 euros polos terreos da Canicouva "sin siquiera haber iniciado el estudio para dicha planta".
Este feito, lembrou Rafa Domínguez, foi posto en coñecemento da Fiscalía, que se atopa investigando todo o relacionado con este contrato e que, nas últimas semanas, requiriu nova información sobre este procedemento administrativo.
O dirixente popular cuestionou ademais o custo económico deste contrato, que segundo recolle o proceso de licitación, ascenderá aos 10,7 millóns de euros anuais. Supón "casi el doble" do pago en 2017 "por muy pocas mejoras en el servicio".
"No se entiende que sea un éxito que se vaya pagar el doble por algo que hace poco nos costaba la mitad", subliñou Domínguez, que apuntou que, aínda que o recibo ao cidadán non aumente de prezo, o seu custo "lo vamos pagar igual todos los pontevedreses".
Ademais, reclamou que se inclúan máis melloras no servizo que se ofrece ás quince parroquias do rural ou que se aproveite para resituar os contedores en varias zonas da cidade para evitar molestias a veciños e comerciantes.
Como única nota "positiva", segundo o portavoz municipal do PP, os populares aprecian o feito de que se vaian a retirar os contedores do centro histórico, unha medida que "ya propusimos nosotros en su día".
Relacionadas:
-
A Fiscalía non ve delito no aluguer dos terreos da Canicouva e arquiva a denuncia do PP
Por Natalia Puga |
-
Domínguez visita A Canicouva: "non reúne as condicións para que unha mini Sogama se instale aquí"
Por Redacción |
-
Ao PP preocúpalle que sexa unha empresa quen decida onde se sitúa a planta de compost
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Raimundo González critica a "oposición virulenta e enfermiza" do PP local ao modelo de compostaxe de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Prevista a implantación de puntos limpos fixo e móbil no novo contrato de xestión de residuos
Por Redacción |
-
Pontevedra quere formalizar antes de final de ano o novo contrato do lixo, polo que pagará 225 millóns en 21 anos
Por Alejandro Espiño |
-
O novo contrato do lixo, primeira parada dunha ofensiva do PP contra a "indiferenza" de Lores cara ao rural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |