Castañas para todos con longas colas na Ferrería
Por Mónica Patxot
Coa caída da tarde empezaron a crearse longas colas na praza da Ferrería. Centos de persoas puxéronse en fila e dispuxéronse a gozar da festa máis tradicional do outono galego. Había magosto popular e os pontevedres deron boa conta do menú mentres de fondo amenizaba o ambiente a agrupación musicial Bico da Balouta.
Había media tonelada de castañas "asadas á grella de forma tradicional" e viño do país "galego e de calidade, como debe ser". Todo gratuito e veciños e visitantes animáronse a pasar por unha celebración organizada polo Concello de Pontevedra e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Paralelamente organizáronse actividades lúdicas dirixidas ao público infantil, desde obradoiros de juguetes con materiais de refugallo a actividades con trompos (tanto explicarlle aos nenos como se fan bailar ou como se poden decorar). Na Verdura, un obradoiro de manualidades con follas secas.