Cuntis pide á Xunta unha maior dotación económica e de material para o Servizo de Emerxencias e Protección Civil
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e o concelleiro José Treviño visitaron este xoves a base da agrupación de Protección Civil e do Servizo Municipal de Emerxencias neste municipio, onde recibiron ao delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López.
Manuel Campos destacou o "importante labor" que desempeña este servizo na atención das emerxencias e informou a Luis López do "forte investimento" que realiza anualmente o Concello de Cuntis para "garantir a seguridade" da veciñanza de Cuntis e da súa contorna.
O alcalde cifrou en 80.000 euros a partida destinada no 2021 para cubrir os salarios e a adquisición de material e equipamento para o correcto funcionamento deste servizo.
Manuel Campos agradeceu a visita de Luis López á sede de Cuntis para entregarlle os carnés oficiais aos seis novos voluntarios da agrupación e aproveitou a ocasión para reiterarlle "a necesidade de incrementar a colaboración entre institucións para garantir un servizo de máxima calidade" xa que, según apuntou o rexedor de Cuntis, a aportación da Xunta no ano 2021 foi de 1.800 euros.
"Pedimos unha mellor dotación de medios materiais xa que un Concello das nosas características carece da capacidade económica para asumir casi en solitario este servizo, que é un dos mellor valorados pola veciñanza de Cuntis", dixo Manuel Campos.
O alcalde suliñou que o grupo de goberno cuntiense apostou desde o primeiro momento por este servizo, dotándoo de personal e dunha base operativa eficiente no Campo das canteiras.
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, garantiu o "máximo apoio" da Xunta de Galicia á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis para seguir impulsando os seus servizos.
Segundo indicou, Protección Civil de Cuntis recibíu, ao longo dos últimos anos, máis de 100.000 euros da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para os seus gastos ordinarios de funcionamento e para a adquisición de material, como un vehículo pick-up, un remolque de emerxencias, terminais tetra con GPS ou unha furgoneta, detallou Luis López, que salientou a elevada participación de voluntarios nesta entidade.
Relacionadas:
-
Morre un corzo nun brutal impacto cunha furgoneta dunha panadería en Cuntis
Por Redacción |
-
O servizo de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis atendeu 327 incidencias no 2022
Por Redacción |
-
Os emigrantes retornados a Cuntis recibirán asesoramento fiscal, laboral e burocrático
Por Redacción |
-
Dúas persoas feridas nunha colisión frontal entre dous coches en Briallos
Por Oskar Viéitez |
-
Cae un motorista a causa dun animal que interceptou na vía, en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Extinguido un incendio en Cerdedo-Cotobade que afectou a 54,13 hectáreas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Cuntis e Vilanova reciben un novo todoterreo para as súas agrupacións de Protección Civil
Por Redacción |