Comunidades de Montes de Forzáns e Gaxate únense para rexeitar o proxecto do encoro de Oitavén
Por Redacción
As Comunidades veciñais de Montes en Man Común de Forzáns e Gaxate, pertencentes aos municipios de Ponte Caldelas e A Lama respectivamente aúnan as súas forzas para mostrar o seu rexeitamento ao proxecto do encoro no río Oitavén que promove o Concello de Vigo co Ministerio de Transición Ecolóxica.
Estes dous colectivos veciñais consideran que o espazo no que se quere crear esta infraestrutura non é un "páramo" senón unha paraxe que presenta importantes valores ambientais tanto polo valor da súa fauna como pola variada vexetación de ribeira que presenta. Ademais, alegan que existen "interesantes" elementos do patrimonio histórico como muíños e o Camiño Real dos Arrieiros, unha vía histórica que une Ribadavia con Pontevedra e no seu descenso da serra de Suído atravesa o río Oitavén. Os manuscritos que custodia o Museo Provincial recollen a cita que o Padre Sarmiento en 1754 realiza sobre este espazo, explican.
As dúas Comunidades afirman que esta zona ofrece un elemento patrimonial etnográfico das poboacións circundantes e obxecto de promoción e reclamo turístico desde diversas institucións. Ademais, desde Forzáns e Gaxate mostran a súa preocupación polo uso racional da auga.
Neste sentido, alertan da situación que se produce na última década co "uso irresponsable" da auga nos grandes núcleos de poboación costeiros, entre eles o Concello de Vigo ao que consideran que destaca dunha forma negativa. Explican que neste municipio se baldean as rúas con auga potable "un día si e outro tamén". Acusan ao Concello olívico de contar cunha rede de abastecemento deteriorada con abundantes perdas, mantendo tarifas sen tramos en función dos consumos, unha decisión que fomenta o mal uso dos usuarios, segundo as directivas destas Comunidades. Por todos estes motivos, apelan ao Ministerio e á cidadanía de Vigo e da súa contorna para que se salve o río Oitavén e rexéitese o encoro.
Relacionadas:
-
Únense as comunidades de montes de Forzáns, Gaxate, Fornelos e Verducido contra o proxecto de encoro no Oitavén
Por Redacción |
-
Aprobado o regulamento e as taxas que rexerán o funcionamento do viveiro de empresas da Lama
Por Redacción |
-
Forzáns mobilízase contra o encoro que o Concello de Vigo pretende construír no Oitavén
Por Redacción |
-
Profundo rexeitamento en Ponte Caldelas ao proxecto para abastecer auga a Vigo desde o Verdugo
Por Alejandro Espiño |
-
A veciñanza de Forzáns promove unha plataforma contra a creación do encoro no río Oitavén
Por Redacción |