A estrutura do bloque cirúrxico e de urxencias do Gran Montecelo quedará rematada este mes
Por Redacción
A Xunta prevé rematar este mes os traballos da estrutura do bloque cirúrxico e de urxencias do Hospital Público Gran Montecelo.
Esta estrutura correspóndese coa zona de edificación de maior exixencia técnica, pois inclúe os 11 quirófanos do terceiro andar; as unidades de radioterapia, bioquímica, microbioloxía e anatomía patolóxica, no andar 0; e á área de urxencias e rehabilitación, no primeiro andar.
De xeito paralelo á finalización desta estrutura, xa comezaron as montaxes de fachada e os traballos no interior. En concreto, estase procedendo á colocación do pavimento de terrazo e ao inicio da montaxe da fachada e das primeiras instalación.
No marco da planificación prevista, en abril tamén se iniciarán os traballos da cuberta do edificio, que xunto coa finalización da estrutura, xa amosarán o deseño vangardista e eficiente das futuras instalacións.
En canto aos medios dispostos para acometer a citada estrutura, cómpre precisar a mobilización de 15.028 metros cadrados de forxado, 560 toneladas de aceiro, 6.450 metros cúbicos de formigón e 28 unidades de formigonado de lousas.
SALNÉS
Por outra banda, a Xunta adxudicou as obras de reforma e ampliación da área de esterilización do hospital do Salnés cun investimento de 744.000 euros.
Esta actuación, adxudicada a Actividades de Infraestructuras Públicas y Conservación SL, permitirá duplicar a superficie actual dedicada a estes procesos e a adaptación da capacidade do bloque cirúrxico tras a anterior ampliación do hospital, á que se destinaron 8,5 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Inician a segunda fase de escavacións nas obras do Gran Montecelo
Por Redacción |
-
A subministración de gas natural do Gran Montecelo xa está en funcionamento
Por Redacción |
-
A oposición reclama aparcamiento gratuíto en Montecelo e o PP defende que sexa "asequible"
Por Oskar Viéitez |
-
A construción do vial perimetral do Gran Montecelo comezará en maio
Por Alejandro Espiño |
-
Unha xornada sobre solo pelviano avanzará na vindeira creación dunha unidade multidisciplinar en Montecelo
Por Redacción |
-
A Plataforma SOS Sanidade Pública reclama un aparcamento disuasorio gratuíto xunto ao Gran Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
O Gran Montecelo terá 27 ascensores e 4 escaleiras mecánicas para desprazar 16.000 persoas cada hora
Por Redacción |