Internas con mensaxes a prol da liberdade da muller realizan unha performance no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción
A Deputación levou durante esta semana o seu programa 'Violencia Zero' ao Centro Penitenciario da Lama co obxectivo de sensibilizar ás internas fronte á violencia machista. O colofón ás actividades chegou este venres coa performance 'O libro como obxecto' realizado por quince internas na que expresaron mensaxes a favor da liberdade das mulleres.
Ao longo dos últimos días as arteterapeutas Isa Merino e Marta Díez, en colaboración coa escultora Pilar V. de Foronda, realizaron sesións formativas coas participantes. Para desenvolver a acción utilizáronse textos de autoras tan destacadas como Silvia Plath e Anne Sexton. A través deste punto de partida, as integrantes reflexionaron dun modo crítico sobre os coidados e a relación das mulleres coa maternidade, analizando roles que habitualmente son asignados á muller.
Durante as sesións, as internas realizaron intervencións utilizando os libros elaborando colaxes con imaxes. A proposta busca deconstruír os referentes da educación clásica sobre o amor romántico, tóxico e xerador de violencia machista. O resultado do traballo ofreceu un chamamento á liberdade de todas as mulleres para decidir sobre a súa propia vida sen imposicións.
Ao acto deste venres asistiron as deputadas Vitoria Alonso e Noemí Outeda, ademais de David Carrera, tenente alcalde da Lama. 'Violencia Zero' é un programa da Deputación de Pontevedra para fomentar a loita feminista e visibilizar o talento das mulleres a través de diferentes actividades artístico-culturais.
Relacionadas:
-
8M | A sororidade ábrese paso na prisión: convivencia e reivindicacións para o Día da Muller na Lama
Por Natalia Puga |
-
Denuncian o intento de agresión a funcionarios por parte dun interno perigoso do Centro Penal da Lama
Por Redacción |
-
O camiño de 22 persoas internas na prisión da Lama para saír das adiccións
Por Redacción |
-
A Fiscalía pide a absolución para un recluso da Lama acusado de agredir sexualmente a outro preso
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación presenta unha extensa programación polo 8 de Marzo reclamando a paridade
Por Oskar Viéitez |
-
25N | Os 'xardíns que falan' alzan a voz contra a violencia machista
Por Redacción |
-
"Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven"
Por Oskar Viéitez |