
© Mónica Patxot
Lestoux&Associés estuda en Pontevedra trasladar o modelo de cidade a un programa do goberno francés

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Un equipo de profesionais da axencia francesa de urbanismo Lestoux&Associés achegouse este venres a Pontevedra para coñecer o seu modelo de cidade, no seu periplo por diferentes localidades de ámbito internacional para inspirar os seus proxectos.
O alcalde Miguel Ferrnández Lores e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, acompañaron á delegación por diversos puntos do centro da cidade, xa que este é o ámbito onde desenvolve os seus proxectos esta axencia: a revitalización dos centros urbanos.
O alcalde de Pontevedra agradecía o xeito en que se producía esta visita, xa que os representantes de Lestoux&Associés estaban facendo un estudo de campo na cidade portuguesa de Porto, pero decidiron alterar o seu calendario para poder realizar un percorrido pola Boa Vila e tomar nota do seu "modelo global, holístico e que afecta á calidade de vida de todo o mundo", manifestaba o rexedor.
Ludovic Corbe, técnico de estudos de Lestoux&Associés, explicaba que "escoitamos falar do modelo que se impulsou aquí, parecíanos moi interesante e queriamos coñecelo, falar co alcalde e ver como se pode duplicar nos nosos proxectos noutras cidades de Francia". Nestes momentos, a axencia de urbanismo está a traballar en ao redor de 50 localidades do país galo, como Cannes, Nantes, Estrasburgo, Le Havre ou Grenoble, entre outras.
Como curiosidade, a delegación francesa manifestaba o seu asombro por ver tanta xente na rúa a pesar do tempo chuvioso. E malia que os urbanistas coñecían o modelo de cidade de Pontevedra, quedaron impresionados ao comprobar in situ a mobilidade amable e respectuosa coas persoas durante o seu paseo: "ver aos nenos na rúa, as cadeiras de rodas, as bicicletas e os vehículos que circulan ao ritmo do peón, isto é impresionante", sinalaba Ludovic Corbe.
Todas as singularidades recollidas nesta "viaxe de estudo", tal e como a cualificaron desde a axencia francesa, serán aproveitadas para extraer referencias e modelos que Lestoux&Associés implantará na segunda fase do Programa de acción para centros urbanos que está a desenvolver co Ministerio de Fomento francés.
Ademais desta visita, este venres eran recibidos no Concello de Pontevedra catro alumnos da Universidade Politécnica de Madrid que se achegaron á cidade para tamén coñecer o seu modelo urbano.
Relacionadas:
-
Pontevedra expón en Grenoble a súa estratexia de renaturalización e loita contra o cambio climático
Por Redacción |
-
Un "fallo de configuración" no despegue do avión complica a viaxe de Lores a Estrasburgo
Por Alejandro Espiño |
-
Un xuño internacional para Pontevedra, que explicará o seu modelo urbano en Irlanda do Norte, Suecia, Francia ou Portugal
Por Alejandro Espiño |
-
Concelleiros de Vilafranca del Penedés visitan a Boa Vila na procura de ideas
Por Mónica Patxot |
-
Unha delegación política de Braga visita Pontevedra para coñecer o seu modelo urbano
Por Redacción |
-
Pontevedra expón a súa visión da mobilidade no congreso Move 2020 de Londres
Por Redacción |
-
Ames, un dos concellos coa poboación máis nova en España, importará as fórmulas de mobilidade de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Andorra la Vella cambia o seu centro urbano inspirándose no modelo de Pontevedra
Por Redacción |
-
Arquitectos do Concello de Barcelona visitan Pontevedra para coñecer o seu modelo de mobilidade
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |